A Peña Barcelonista Val de Lemos está a conmemorar con diversas actividades o seu décimo aniversario. Así, o acto central deste programa conmemorativo terá lugar o 21 de marzo ás 20,30 horas na Casa da Cultura de Monforte, cun coloquio sobre «Barcelonismo e Historia», no que participarán Carlos Reixach, Quique Costas e José Mª Fusté. Dende a Peña Barcelonista de Monforte están pendientes de confirmar a presencia no coloquio de Lobo Carrasco. Previamente, o Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, ofrecerá ás 19,30 unha recepción oficial á comitiva barcelonista na Casa do Concello.
CEA NO RESTAURANTE DON MANUEL
A xornada do 21 de marzo rematará cunha cea no Restaurante Don Manuel, na que poden participar todos os aficionados da Ribeira Sacra, sexan ou non membros da Peña Barcelonista. O prezo do plato é de 25 euros, e as reservas poden realizarse chamando ós teléfonos 696 62 79 91 e 686 65 17 23. Nesta cea presentarase oficialmente unha exposición de fotos e material diverso sobre os dez anos da Peña Barcelonista. Esta mostra poderá verse a partir do día 22 de marzo no local social deste colectivo, situado nos baixos das Galerías San Antón, na rúa Ourense número 7.•