•O concursos de postres chega á terceira edición •A festa de disfraces será o domingo ás 17 horas no Centro Sociocultural
O domingo 2 de marzo a partir das 17 horas terá lugar a celebración do Entroido no Centro Sociocultural de Bóveda, organizada pola Delegación de Cultura do Concello. A xornada festiva abrirase coa mostra dos postres presentados ó concurso, que na súa terceira edición premiará ós tres mellores postres típicos de Entroido con vales para programas de relax e tratamentos termais por valor de 90 euros. Ó mesmo tempo, comezará o Baile de disfraces con animación, onde os asistentes disfrutarán dunha festa que rematará coa selección dos mellores disfraces. O concurso establece cinco categorías, nas que se premiará o disfraz máis orixinal, o máis cativo, o máis maior, o disfraz de grupo máis divertido, e o disfraz feito con material de refugallo. Aproveitando a afluencia de público ó Centro Sociocultural, o domingo inaugurarase a exposición de fotografía de Camilo López Pérez.