Curso de cata no Centro do Viño de Monforte

O Centro do Viño de Monforte organiza un curso de cata o 7 e 8 de marzo. As sesións desenvolveranse o venres de 17 a 20 horas, e o sábado de 10 a 13 horas. O curso será impartido por Julio Ponce, enólogo de adegas de diversas denominacións de orixe, entre elas da Ribeira Sacra, e membro do panel de cata do Consello Regulador da Ribeira Sacra e do Ribeiro. O prezo da inscrición son 30 euros, e haberá prazas limitadas. Os interesados deberán anotarse antes do 5 de marzo no propio Centro do Viño

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inaugurada a nova potabilizadora de Monforte en Ribasaltas

Seguinte Nova

O Concello de Sober abre o prazo de inscrición nos cursos para a obtención do CELGA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: