En marcha o novo plan de impulso ás ventas dos produtos autóctonos a través de establecementos hostaleiros

Dentro dunha iniciativa provincial para promocionar os produtos de Lugo

•Este plan chega logo do éxito acadado no programa piloto desenvolvido no Balneario de Augas Santas, no que se promocionou a plataforma www.losproductosdelugo.com durante a celebración do circuíto de golf

Pilar García Porto, deputada de Economía, Recadación e Facenda na Deputación de Lugo, comproba o stand de produtos de Lugo no Balneario de Augas Santas, acompañada do director do establecemento, Lalo Crespo. GPDL.
Pilar García Porto, deputada de Economía, Recadación e Facenda na Deputación de Lugo, comproba o stand de produtos de Lugo no Balneario de Augas Santas, acompañada do director do establecemento, Lalo Crespo. GPDL.

A mediados deste mes, a Deputación de Lugo puxo en marcha un novo plan para impulsar as vendas de produtos autóctonos a través de 10 destacados establecementos hostaleiros. Aproveitando a data sinalada do San Valentín, coa súa tradicional afluencia de visitantes, o Parador de Monforte e o Balneario de Augas Santas en Pantón foron dous dos establecementos lucenses que sorprenderon ós seus clientes con esta iniciativa que vén de colleitar resultados exitosos noutras Comunidades como Asturias e Cantabria. Ó longo do mes de febreiro sumáronse a esta campaña outros catro hoteis da nosa provincia.

STAND DE PRODUTOS NO PROPIO HOTEL, E PROMOCIÓN ON LINE A TRAVÉS DAS WEBS DOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS

O plan impulsado polo organismo provincial actúa en dous eixos. Por unha banda, en cada un dos hoteis e balnearios adheridos a esta iniciativa instalouse un stand expositor que, baixo o lema «E para comer, Lugo», inclúe diversos produtos producidos e elaborados na nosa provincia. Crema de castañas e marmeladas de Folgoso do Courel, tartas e amendoados de Mondoñedo, chourizos e salchichóns do Piornedo, licores de Becerreá, ou mel do Valadouro, entre outros, están xa dispoñibles no stand promocional nestes 14 establecementos hostaleiros de Lugo, para que os visitantes aloxados ou usuarios dos balnearios poidan coñecer directamente a riqueza gastronómica da nosa provincia. Por outra banda, a promoción impulsada pola Deputación de Lugo aproveita tamén as novas tecnoloxías. Así, nas portadas das páxinas web dos establecementos hostaleiros adheridos ó plan inclúese un espazo destacado e específico con información sobre os produtos autóctonos da nosa provincia. Neste espazo infórmase sobre todos os puntos de venda e engádese un enlace á web www.losproductosdelugo.com, a primeira plataforma de comercio electrónico da provincia, que ofrece a posibilidade de mercar directamente calquera dos produtos.

DEGUSTACIÓNS DE PRODUTOS NAS DATAS SINALADAS

Asimesmo, durante todo o ano, e con especial atención nas datas de maior afluencia de visitantes, como a Semana Santa, o Arde Lucus, ou o San Froilán, os establecementos hostaleiros participantes neste plan organizarán degustacións de produtos e outras actividades de promoción da nosa riqueza gastronómica. Os Paradores de Monforte, Ribadeo e Vilalba; o Hotel Spa Attica 21 Vilalba; Hotel Ego; Hotel O Val de Naseiro; Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas; Hotel Coto Real; Gran Hotel de Lugo; Hotel Pazo de Orbán e Sangro; Hotel Santiago; e Hotel Jorge I son os establecementos participantes neste programa promocional, así como os Balnearios de Guitiriz e Augas Santas en Pantón, a través dos cales promocionaranse 55.000 lotes de produtos lucenses ó longo de oito meses. Según explicaron os responsables deste plan, unha vez remate este periodo procederase a analizar os resultados, para extender esta iniciativa ós establecementos e produtos coas marcas de calidade Lugo Sabe, impulsada tamén pola Deputació, co obxectivo de crear sinerxias entre profesionais da provincia e mellorar así a súa competitividade.

PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DURANTE O CIRCUÍTO DE GOLF

Este plan vén de continuar a experiencia piloto desenvolvida o pasado ano no Oca Augas Santas Golf&Resort, en Pantón. A Deputación de Lugo promocionou a plataforma www.losproductosdelugo.com durante a celebración do circuíto provincial de golf, un dos eventos de referencia da Federación Galega, no que participaron máis de 200 xogadores, e que tivo amplo eco nas revistas especializadas. Golfistas e acompañantes puideron achegarse á calidade dos nosos produtos, saber cómo e onde mercalos, e incluso degustalos durante a súa estancia en Pantón. Ademais, os gañadores do circuíto foron agasallados con lotes destes produtos. O director do Balneario de Augas Santas, Lalo Crespo, destacou que a promoción dos nosos produtos é un atractivo máis para os establecementos e para os visitantes», e a deputada de Economía, Pilar García Porto, suliñou «as oportunidades económicas que suscita esta promoción», que achega os nosos produtos a miles de persoas, «incrementando as súas vendas e mantendo emprego na provincia».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

El Lemos de Tonino Valverde invita al optimismo

Seguinte Nova

Tres bronces para os de Neka no Campionato galego promesas de Taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: