O EQUIPO DO IES A PINGUELA CLASIFICOUSE PARA A FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE 2014.

Julia López Buitrón, Ananda Manú Baker Föring, María Martínez Álvarez e Sara Moure López, acompañados do director do IES A Pinguela Enrique Sampil, posan logo de clasificarse para a final do Parlamento Xove. (Foto cedida).
Julia López Buitrón, Ananda Manú Baker Föring, María Martínez Álvarez e Sara Moure López, acompañados do director do IES A Pinguela Enrique Sampil, posan logo de clasificarse para a final do Parlamento Xove. (Foto cedida).

O equipo do IES A Pinguela, integrado por Julia López Buitrón, Ananda Manú Baker Föring, María Martínez Álvarez e Sara Moure López, conseguiu clasificarse para a fase final do Parlamento Xove de Bacharelato. A proba celebrouse o 15 de febreiro na sede da Deputación Provincial de A Coruña, nunha intensa xornada que comezou cunha axustada derrota dos monfortinos no primeiro debate contra o IES Becerreá I, e que proseguiu con dúas victorias consecutivas dos de A Pinguela nos debates fronte o IES Becerreá II e o IES Melide. Os de Monforte remataron a proba no cuarto posto, o que os situou entre os oito primeiros institutos clasificados para a gran final, que se celebrará o 26 de abril no Parlamento de Galicia. Ademais, o equipo do IES A Pinguela foi o que acadou máis puntos nesta competición, con máis de 100. Dende a dirección do centro monfortino, suliñaron que o Parlamento Xove conseguiu por méritos propios convertirse nunha das máis importantes ligas de debate de España, xa que foron 43 os equipos de centros públicos e privados de toda Galicia os que participaron nas fases eliminatorias desta edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

BÓVEDA ACOLLERÁ O CURSO DE DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO

Seguinte Nova

O ROMÁNICO E O CAMIÑO DE INVERNO XA CONTAN CON PUBLICACIÓNS ESPECÍFICAS.

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss