O ROMÁNICO E O CAMIÑO DE INVERNO XA CONTAN CON PUBLICACIÓNS ESPECÍFICAS.

Aida Menéndez, autora da Guía do Camiño de Inverno a Santiago, durante a presentación da publicación, acompañada polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad.  (Foto cedida).
Aida Menéndez, autora da Guía do Camiño de Inverno a Santiago, durante a presentación da publicación, acompañada polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad. (Foto cedida).

•A riqueza histórica e patrimonial do sur lucense acaba de recibir un recoñecemento científico e divulgativo coa presentación de dúas publicacións neste mes de febreiro. O día 8, a monfortina Aida Menéndez participaba no Día de Santiago que a feira internacional Xantar 2014 adicou ás rutas xacobeas, para presentar o libro “Guía do Camiño de Inverno a Santiago”, do que é autora. Días despois, Alberto Núñez Feijóo presidiu a presentación oficial da Enciclopedia del Románico, onde resaltou que “o románico conmove, xa que cando un contempla calquera das xoias que marcan a Ribeira Sacra, nota que existe unha continuidade entre a natureza e o monumento que non se dá noutras edificacións”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O EQUIPO DO IES A PINGUELA CLASIFICOUSE PARA A FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE 2014.

Seguinte Nova

O sur de Lugo dá a benvida ó Entroido 2014

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: