Os socialistas reclamarán no Parlamento a residencia de maiores de Carballedo

Respostas ás demandas da veciñanza na comarca de Chantada

Denuncian a “discriminación” que sufren os veciños ó ter que marchar do seu municipio ou incluso da provincia

O deputado socialista Vicente Docasar achegouse a Carballedo acompañado da voceira do Grupo socialista no municipio, Isabel González Blanco, e o secretario de Organización, Carlos Ferreiro. (Foto cedida).
O deputado socialista Vicente Docasar achegouse a Carballedo acompañado da voceira do Grupo socialista no municipio, Isabel González Blanco, e o secretario de Organización, Carlos Ferreiro. (Foto cedida).

A mediados deste mes, o deputado socialista no Parlamento de Galicia Vicente Docasar desplazouse ata Carballedo para coñecer de primeira man as necesidades dunha residencia para maiores nun municipio onde a maior parte da poboación supera os 65 anos de idade.

A RESIDENCIA DE MAIORES DE CARBALLEDO, UNHA “CUESTIÓN URXENTE E PRIORITARIA”

Docasar, acompañado pola voceira do Grupo municipal socialista no Concello de Carballedo, Isabel González Blanco, e polo secretario de Organización do partido, Carlos Ferreiro, explicou que a construción dunha residencia para a terceira idade en Carballedo é “unha cuestión urxente e prioritaria”, xa que este municipio non conta con ningún centro destas características para atender ós maiores, que deben recurrir a residencias espalladas por outros concellos da zona sur de Lugo, ou incluso trasladarse a centros doutras provincias, “coas lóxicas dificultades de desarraigo para os maiores e para as súas familias”. Os socialistas explicaron que esta situación vese agravada polo feito de que “unha boa parte destes potenciais usuarios viven sós e contan con poucos recursos económicos”.

DOCASAR: “PARA O PP, OS VECIÑOS DA GALICIA INTERIOR SÓ INTERESAN EN CAMPAÑA ELECTORAL”

Vicente Docasar anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista vén de rexistrar varias iniciativas na Cámara galega, para que “o Partido Popular concrete as previsións que manexa a Xunta de Galicia con respecto á construción e posta en marcha desta infraestrutura que, malia ser prometida en reiteradas ocasións polo Alcalde desta localidade, lamentablemente hoxe aínda non é unha realidade”. O socialista criticou que “para o Partido Popular os veciños e veciñas da Galicia interior só son importantes en campaña electoral, e pasadas as eleccións, o resultado é abandono e ninguneo total ata o seguinte proceso electoral”. Vicente Docasar explicou que o Concello de Carballedo conta dende hai tempo cos terreos necesarios para levar adiante esta actuación, xa que existe no colexio público da Barrela unha parte sen utilizar, e que serviría perfectamente para albergar a residencia. Docasar criticou ademais que o alcalde de Carballedo “teña anunciado reiteradamente que esta obra tamén conta con todos os permisos e bendicións necesarias para iniciarse, polo que non entendemos a que se debe esta falla de vontade política”. O deputado monfortino recoñeceu ter constancia de que o proxecto de construción, valorado en 22.000 euros, xa está elaborado, e que o Goberno galego comunicou oficialmente, por escrito, ó Concello que nada impide o inicio das obras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo financiou con 40.000 euros catro obras solicitadas pola veciñanza en Carballedo e Chantada

Seguinte Nova

Bóveda celebra o Entroido con doces, baile e premios ós mellores disfraces

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss