Gran actuación dos monfortinos
•As tres medallas puideron ser sete, logo de reñidos combates que se decidiron in extremis ou por decisión arbitral

Os deportistas do club Neka de Monforte realizaron unha gran actuación no Campionato Galego Promesas de Taekwondo, celebrado en Cangas o pasado 22 de febreiro. Os monfortinos amosaron un bo nivel da modalidade de combate, “especialidade na que temos mellorado moito, xa que o noso forte ata agora foi a técnica”, explica José Mª Vega, adestrador do Neka. O responsable do clube monfortino lamentou que este gran traballo dos rapaces só reportara tres bronces, os de José Ignacio Díaz Fernández en cadete, e o bronce compartido de Alejandro Losada Rodríguez e Saúl Martínez Durán, en junior. “As tres medallas puideron ser sete, xa que moitos combates se decidiron no último segundo ou por decisión arbitral”, explicou Vega. A próxima cita co taekwondo será en Monforte, o 15 de marzo no Pavillón de A Pinguela, co Campionato Provincial en Idade Escolar.•