O programa provincial Reacciona coas TIC aportou 40.000 euros en formación e software
O programa provincial Reacciona coas TIC, posto en marcha pola Deputación de Lugo, contou coa participación de 150 pequenas empresas e autónomos, dos que 30 están situados no sur de Lugo. O ente provincial destinou a este programa un orzamento de 200.000 euros, aportados nun 80% pola Unión Europea, para facilitar de xeito gratuíto un total de 200 ferramentas tecnolóxicas coa formación correspondente, encamiñadas a aumentar a competitividade destas empresas e reducir os seus custes de funcionamento e produción, facilitando a xeración de emprego. Para facer balance deste programa, a deputada de Economía, Recadación e Facenda Pilar García Porto desplazouse a Chantada, onde visitou a unha das empresas participantes, a firma Arias Lence, adicada á xestión inmobiliaria e administrativa. Destacou a importancia de apoiar ós pequenos negocios nas TIC, e facilitarlles responder ás novas tendencias do mercado, “xa que o consumidor cada vez esixe máis rapidez no servizo”, ou para atender os retos do comercio electrónico. Os responsables de Arias Lence destacaron as vantaxes do novo enfoque que foron capaces de dar ó seu negocio, que agora funciona 24 horas na rede como “despacho virtual”. Neste programa participaron 9 empresas e autónomos de Sarria, 7 de Monforte e 4 de Chantada. Outros 2 foron deTaboada, 2 de Palas de Rei, e 5 de Pantón, Samos, Sober, Quiroga e Paradela.•