A Deputación adiantará este ano 29 millóns de euros a 56 concellos

Son os concellos adheridos ó novo convenio do servizo de recadación de impostos

En 20113, a Deputación adiantou máis de 25 millóns de euros a un total de 55 municipios lucenses. Arquivo EC.
En 20113, a Deputación adiantou máis de 25 millóns de euros a un total de 55 municipios lucenses. Arquivo EC.

A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, explicou que o organismo provincial vai adiantar este ano 29 millóns de euros a un total de 56 concellos. Estes municipios son os que se sumaron ó novo sistema de recadación provincial de impostos, que permite que a Deputación de Lugo realice este anticipo mes a mes, adiantando ós concellos un total de 2,5 millóns de euros mensuais.

OS CONCELLOS AFORRAN GASTOS E GAÑAN EN LIQUIDEZ MENSUAL

A responsable provincial de Recadación e Facenda lembrou que este sistema vén sumarse a outras medidas de apoio ós entes locais, como a creación da área de Cooperación e Asistencia ós Concellos. García Porto precisou que o actual sistema de recadación de impostos provincial ten mellorado “notablemente” gracias ó novo convenio que permite á Deputación adiantar ós municipios os cartos pola recadación dos seus impostos, “e facelo, ademais, mes a mes”. “O convenio anterior do Partido Popular non permitía isto, e retiña ós Concellos o 6%, que nós rebaixamos ata o 3%, non cubrindo, nin tan sequera, os custes que supón esta prestación”, suliñou García Porto. A deputada de Recadación e Facenda explicou que esta iniciativa, ademais de dar liquidez mensual ós Concellos, permítelles aforrar custes, “xa que de non delegar a recadación deste servizo, os Concellos deberían dispor de persoal especializado e aplicacións informáticas, que custan entre 200.000 e ata 1 millóns de euros”.

DAR LIQUIDEZ TAMÉN ÓS PROVEDORES

A premisa de obter recursos e gañar liquidez tamén preside a xestión de pago a provedores do organismo provincial, según explicou García Porto. “A de Lugo é a Deputación de Galicia que máis rápido paga ós seus provedores, cunha media de 8 días, moi por debaixo do que fixa a lei”, explicou a responsable provincial de Recadación e Facenda, quen suliñou ademais a rebaixa en 11 millóns de euros da débeda provincial deste ano, “situándonos á cabeza dos organismos provinciais de España menos endebedados”. Son seis os Concellos sumados ó sistema de recadación provincial a través do anterior convenio do PP, polo que non reciben anticipos mensuais e non se lles rebaixa ó 3% a retención do recadado: Viveiro, O Incio, Outeiro de Rei, Friol, O Corgo e Burela. En total, son 62 os Concellos que teñen delegada na Deputación a recadación de impostos como o IBI, IAE, imposto de circulación e de entrada de vehículos, taxas de lixo, auga, sumidoiros ou antenas parabólicas. •

MÁIS DE 7 MILLÓNS DE EUROS ADIANTADOS ÓS CONCELLOS DO SUR LUCENSE EN 2013

O organismo provincial adiantou o pasado ano 3.451.782,66 euros ós concellos da comarca de Sarria (342.204,82 a Láncara; 300.393,85 a Paradela; 232.670,06 ó Páramo; 142.020,60 a Samos; 2.381.894,79 a Sarria; e 52.598,54 a Triacastela). Na comarca de Terra de Lemos, os importes adiantados cifráronse en 1.924.792,04 euros (Bóveda recibiu 179.599,11 euros; Pantón 306.479,03; A Pobra do Brollón 344.234,12; O Saviñao 685.450,14; e Sober 409.029,64 euros). Asimesmo, a Deputación adiantou ó concello de Carballedo 467.210,28 euros, e ó de Taboada 416.398,95 euros. Por outra banda, Folgoso do Courel recibiu 86.785,21 euros, Ribas do Sil 273967,98, e Quiroga 766.250,11 euros por este concepto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Concienciación para a reciclaxe e para unha convivencia máis sostible en Monforte

Seguinte Nova

30 Pemes e autónomos do sur de Lugo gañan en competitividade a través das novas tecnoloxías

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: