A Pobra do Brollón estreou Festival de Corais

O público respondeu á nova iniciativa cultural do Concello de A Pobra do Brollón, enchendo o auditorio da Casa da Cultura Olga Novo no I Festival de Corais. EC
O público respondeu á nova iniciativa cultural do Concello de A Pobra do Brollón, enchendo o auditorio da Casa da Cultura Olga Novo no I Festival de Corais. EC

A Casa da Cultura Olga Novo de A Pobra do Brollón acolleu, o pasado 22 de febreiro, a primeira edición do Festival de Corais. Unha iniciativa xurdida da invitación que hai uns anos realizou o grupo vocal coruñés Escolma Coralis á Coral de Brollón. “Para devolver a visitar, aproveitamos a ocasión e iniciamos así unha nova actividade cultural, que acadou un gran éxito de público”, explica Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura en Brollón, que espera dar continuidade a este Festival. Na cita do día 22 participaron a Coral Polifónica de Quiroga, o grupo Escolma Coralis de A Coruña, e a Coral da Escola de Música de Samoeiro, en Brollón. (Foto: EC). •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta promove unha campaña para garantir a seguridade das instalacións de gas nos fogares

Seguinte Nova

Aberto o prazo de inscrición para a viaxe a Mur de Bretaña

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss