A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), dependente da Concellería de Sanidade de Monforte, e coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, está a desenvolver por diversos centros educativos da comarca unha actividade dirixida ás familias dos alumnos e alumnas. Baixo o título “A familia sí pode”, esta actividade insiste na importancia do contexto familiar para evitar o consumo temperáns de drogas, así como a repercusión do historial familiar nestes comportamentos. Esta actividade, desenvolvida por Lucía Pedrido, alumna en práticas de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela, destaca a comunicación familiar como potente ferramenta de prevención, resaltando a importancia da familia na construción da autoestima e dun equilibrado autoconcepto dos menores. •
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco