A Xunta investirá máis de 110.000 euros no cambio da cuberta do colexio de O Saviñao

Así o anunciou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen precisou que os traballos, adxudicados a finais deste mes, suporán a renovación da cuberta do edificio principal do CPI Doctor López Suárez. Según precisou Arias, esta mellora foi solicitada polo grupo de goberno e a comunidade educativa deste centro de ensino que conta con 194 alumnos de O Saviñao e da súa contorna. As obras afectarán á parte superior do edificio principal do centro, no que se cambiará por completo o material do sistema de cubrición instalando tella cerámica curva en acabado natural, sobre espuma de poliuretano e unha base de placas de fibrocemento. Na cuberta do anexo do comedor prevese a substitución do entramado estrutural de viguetas que sirvan de sustento á cuberta. Na zona de conexión dos dous corpos instalaranse verteaugas para acabar coas filtracións desde o exterior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lembranza do poeta Lois Pereiro no seu aniversario

Seguinte Nova

O IES Daviña Rei acondicionará a pista polideportiva con céspede artificial

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: