Aberto o prazo de inscrición para a viaxe a Mur de Bretaña

Coa Irmandade Sarria-Guerlèdan

O grupo Dirindainas acompañará á expedición sarriana para actuar nas festas patronais de Mur de Bretaña, por invitación da irmandade de Guerlèdan. (Foto cedida: Irmandade Sarria-Guerlèdan).
O grupo Dirindainas acompañará á expedición sarriana para actuar nas festas patronais de Mur de Bretaña, por invitación da irmandade de Guerlèdan. (Foto cedida: Irmandade Sarria-Guerlèdan).

A Irmandade Sarria-Guerlèdan realizará a tradicional viaxe de irmandamento coa vila Mur de Bretaña do 12 ó 19 de agosto. Por vez primeira, esta viaxe coincidirá coas festas patronais da cidade gala, a petición dos irmáns bretóns. Por este motivo, en agosto a expedición sarriana irá acompañada do grupo folk Dirindainas. As persoas interesadas en anotarse para a viaxe poden facelo no teléfono 659 396 812, ou no correo electrónico guerledan.sarria@gmail.com. As inscricións estarán abertas ata completar as 40 prazas dispoñibles.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra do Brollón estreou Festival de Corais

Seguinte Nova

Volven con forza os Mercados Temáticos de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: