Concienciación para a reciclaxe e para unha convivencia máis sostible en Monforte

O Concello organiza visitas de escolares ó Punto Limpo

O alumnado de 1º e 2º de ESO do IES A Pinguela realizaron unha visita ó Punto Limpo de Monforte, invitados pola Concellería de Medio Ambiente, o pasado 19 de febreiro. O obxectivo desta actividade é incidir na poboación sobre a importancia da reciclaxe, e da supresión de condutas incívicas (como os vertedoiros incontrolados ou o abandono de obxectos voluminosos en lugares non axeitados) para unha convivencia máis sostible. (Foto cedida).
O alumnado de 1º e 2º de ESO do IES A Pinguela realizaron unha visita ó Punto Limpo de Monforte, invitados pola Concellería de Medio Ambiente, o pasado 19 de febreiro. O obxectivo desta actividade é incidir na poboación sobre a importancia da reciclaxe, e da supresión de condutas incívicas (como os vertedoiros incontrolados ou o abandono de obxectos voluminosos en lugares non axeitados) para unha convivencia máis sostible. (Foto cedida).

Durante a segunda quincena de febreiro, a Concellería de Medio Ambiente de Monforte, en colaboración cos centros educativos da cidade, retomou as actividades do segundo proxecto de educación medioambiental, centradas na concienciación e na reciclaxe.

EXPLICAR IN SITU O USO DO PUNTO LIMPO

Con este obxectivo, o Concello de Monforte organizou unha serie de visitas de grupos escolares ó Punto Limpo durante os días 19, 20 e 21 deste mes, actividade na que participou o alumnado do colexio de educación especial Infanta Helena, e o alumnado de ESO dos colexios Escolapios e Ferroviario, e dos IES A Pinguela, Daviña Rei e Río Cabe. A visita ó Punto Limpo trata de fomentar a utilización deste espazo destinado á reciclaxe do lixo que non pode ser depositado nos colectores situados a pé de rúa.

PAPEL ACTIVO DO ALUMNADO NAS VISITAS DIDÁCTICAS

Esta actividade do proxecto de educación medioambiental iníciase cunha explicación, no propio centro educativo, das características e funcionalidade do Punto Limpo. Unha vez nas instalacións municipais, o alumnado percorreu as diferentes áreas e os tipos de materiais de desfeito que se recollen en cada unha delas. Por último, antes de rematar a visita foron os propios alumnos os que explicaron, uns ós outros, as características de cada tipoloxía de residuos recollidos no Punto Limpo, para reflexionar sobre a utilidade deste servizo.

O ALUMNADO ELABORARÁ A VINDEIRA CAMPAÑA DE DIFUSIÓN DO PUNTO LIMPO

Con fin de intensificar a concienciación das novas xeracións sobre a importancia de usar Punto Limpo, dende o Concello de Monforte propuxeron ó alumnado participante nestas visitas a elaboración de proxectos de difusión do Punto Limpo. Os proxectos que se presenten, elaborados e entregados por escrito, serán valorados polos responsables municipais para elixir a proposta máis axeitada, que será empregada para dar maior publicidade ó Punto Limpo.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DO II PROXECTO MEDIOAMBIENTAL

Este proxecto desenvolvido dende a Concellería de Medio Ambiente de Monforte en colaboración cos centros educativos inclúe outros dous obradoiros, que se realizarán en marzo e maio, respectivamente. O primeiro centrarase no Día da Árbore, e o segundo, dirixido ó alumnado de Secundaria, versará sobre o cambio climático. O obxectivo destas actividades é sensibilizar e concienciar ós escolares cara o medio ambiente, e promover valores de respeto, coidado e protección do noso medio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

FRUGA denuncia que a Xunta denegou o 75% das solicitudes de axuda de razas autóctonas en réxime extensivo

Seguinte Nova

A Deputación adiantará este ano 29 millóns de euros a 56 concellos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: