Educación asinou contratos-programa con 38 centros educativos da nosa provincia

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na firma dos contratos-programa cos directores dos 38 centros.GPDTL.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na firma dos contratos-programa cos directores dos 38 centros.GPDTL.

O 17 de febreiro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, participou en Lugo na sinatura dos contratos-programa cos 38 centros educativos da nosa provincia, unha iniciativa que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa. O titular autonómico destacou que este curso a Consellería de Educación aumentou nun 26,1% o orzamento destinado a este proxecto na provincia de Lugo, con máis de 457.000 euros, xa que son 7 os novos centros incorporados ós contratos-programa. Deste xeito, beneficiaranse desta iniciativa preto de 6.000 alumnos e alumnas lucenses, un 54,5% máis que o curso pasado, gracias á implicación de preto de 680 docentes, un 136,7% máis que na convocatoria 2012/2013.

O CONSELLEIRO DESTACOU O ESFORZO DO IES A PINGUELA, CON CINCO DAS SEIS LIÑAS DO PROGRAMA

No sur de Lugo, e en Educación Primaria, os CEIP A Gándara e o Colexio Novo de Monforte, e o CEIP de Quiroga contan coa liña de reforzo, orientación e apoio. Nos centros de ensino secundario, o IES Lama das Quendas en Chantada desenvolve a liña de reforzo, orientación e apoio, mentres que o IES Val do Asma incorpora ademais as de mellora de lectoescritura e cálculo, e a liña de mellora para acadar a excelencia. En Sarria, o IES Gregorio Fernández conta coa liña de reforzo, orientación e apoio, e o IES Xograr Afonso Gómez engade ademais as de mellora de lectoescritura e cálculo, e de mellora da convivencia. Pola súa banda, o IES de Quiroga desenvolve a liña de mellora de lectoescritura e cálculo. En Monforte, o IES A Pinguela destaca por desenvolver cinco das seis liñas que ofrecen os contratos-programa, ofrecendo as de reforzo, orientación e apoio, mellora de lectoescritura e cálculo, mellora da convivencia, redución de abandono escolar, mellora para acadar a excelencia, e mellora da calidade na xestión dos centros. O esforzo do centro educativo monfortino foi destacado polo propio conselleiro de Educación, xa que xunto co IES Río Miño de Rábade, son os que máis liñas de actuación asumen neste ano. A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 2011/2012 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas son os contratos-programa, que permiten que os centros, analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, poidan deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado para a súa mellora.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova reunión de traballo sobre o plan de emerxencia das presas de Belesar e Os Peares

Seguinte Nova

Julia Otero presentou os novos pasos cara á Fundación Semente de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: