Fomento aproba o estudo informativo do tramo da A-76 entre Ponferrada e Ourense

•O trazado definitivo marca a entrada da autovía no municipio de Quiroga máis preto do núcleo de San Martiño •Dentro da comarca de Quiroga quedan sete puntos de acceso á A-76

O 8 de febreiro, o ministerio de Fomento publicou no Boletín Oficial del Estado a aprobación do expediente de información pública e a aprobación definitiva do Estudo Informativo da Autovía A-76, no tramo comprendido entre Ponferrada e Ourense.

TRAZADO RECOLLIDO NO ESTUDO DEFINITIVO

Según este documento, a entrada desta autovía ó municipio de Quiroga sería fóra da N-120, máis preto do núcleo de San Martiño, para continuar polo novo trazado ata o cruce de Peites. Deste xeito, o vial salva o túnel de Montefurado por un novo trazado por riba do núcleo dos Covallos, según se contemplaba na opción número tres do estudo previo. O trazado definitivo fai volve a desviarse o vial da N-120 a altura de Sequeiros, onde cruzaría o Sil e continúa polo municipio de Ribas do Sil, por riba de San Clodio, cruzando outra vez o río Sil entre o Nocedo e Rairos para saír a través dun túnel a Santa Andrea, incluíndo a opción número dous dos estudos previos. Dende ese punto, a autovía duplicaría o trazado da N-120 ata a saída do municipio de Quiroga.

ACCESOS DENDE QUIROGA Á A-76

Deste xeito, dentro da comarca de Quiroga quedarían sete puntos de acceso á A-76. O primeiro estaría á altura do actual cruce de Peites na N-120, o seguinte situaríase no cruce de Bendollo. Os restantes accesos emplazaríanse á altura de Sequeiros, San Clodio, o Nocedo, o Freixeiro e Paradela do Lor.

PARA COÑECER O MAPA DO TRAZADO

O mapa do estudo informativo definitivo da Autovía A-76 ao seu paso polo noso municipio, pódese consultar xa na Casa Consistorial de Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Día da Muller Traballadora e o reinicio do programa de Ocio Saudable centrarán a actividade en Quiroga

Seguinte Nova

Os alcaldes protestarán pola suba da taxa de Sogama con peches e concentracións en Compostela

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss