Julia Otero presentou os novos pasos cara á Fundación Semente de Monforte

Destacou que «a unión da xente do pobo para axudar á súa cidade é a mellor semente do éxito»

Julia Otero e os promotores da iniciativa Semente de Monforte posan co logo da nova asociación, que está a dar os pasos legais para constituírse en fundación. EC.
Julia Otero e os promotores da iniciativa Semente de Monforte posan co logo da nova asociación, que está a dar os pasos legais para constituírse en fundación. EC.

A mediados de febreiro, os promotores da iniciativa Semente de Monforte anunciaron os novos pasos que están a seguir para dar forma ó ente xurídico que sirva para canalizar unha parte dos premios da Lotería de Reis en favor da solidaridade e o progreso de Monforte. O acto contou coa presencia do alcalde, Severino Rodríguez, e da periodista Julia Otero, quen amosou a súa «alegría» tanto ó coñecer a noticia de que Monforte fora agraciada coa chuvia de millóns do Sorteo de El Niño, como polo feito de que un grupo de monfortinos agraciados pola sorte tivesen «esta idea preciosa». «Cando me chamou o Alcalde para comentarme isto, estaba tomando un café con Risto Mejide e díxenlle: «Mira cómo es mi pueblo». A periodista monfortina expresou o seu desexo de que esta iniciativa «sexa abono para dar froitos a medio e largo prazo», e defendeu que «hai que saber soñar». «Aquí hai xente de todas as ideoloxías», suliñou Julia Otero, «porque esta idea é unha unión de xente do pobo que quere axudar a Monforte, e isto é a mellor semente do éxito». Durante o acto, os promotores desta iniciativa informaron de que xa está creada unha asociación, baixo a denominación Semente de Monforte, e que se está a traballar na súa constitución como fundación. Ademais, presentaron o logo da asociación, que combina a silueta do Monte de San Vicente cunha planta en crecemento, símbolo da idea de semente e progreso. As achegas económicas xa poden formalizarse na conta aberta pola asociación en Caixa Rural Galega ES89 3070 0034 86 6121881020.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Educación asinou contratos-programa con 38 centros educativos da nosa provincia

Seguinte Nova

O Rexistro de Demandantes do Plan de Banda Larga resolveu preto do 90% das solicitudes de servizo de internet rexistradas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: