Emotivo acto organizado polo IES Daviña Rei
O pasado 16 de febreiro tiña lugar no cemiterio parroquial de Santa Cristiña de Viso, no municipio de O Incio, un acto conmemorativo do aniversario de Lois Pereiro. O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Daviña Rei organizou esta cerimonia de lembranza ó poeta monfortino recoñecido no Día das Letras Galegas 2011 e falecido en 1996. Membros deste equipo docente do centro monfortino achegáronse ó cemiterio que acolle a sepultura de Pereiro, para depositar unha coroa de hedra e loureiro, e realizar unha lectura dos seus poemas. A continuación, o grupo dirixiuse á Praza do Concello de O Incio para completar esta homenaxe, depositando unha fror na placa que alí recorda a este renovador da poesía galega contemporánea.•