Lembranza do poeta Lois Pereiro no seu aniversario

Emotivo acto organizado polo IES Daviña Rei

Membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Daviña Rei colocaron unha coroa conmemorativa do aniversario de Lois Pereiro na súa sepultura do cemiterio de O Incio. (Foto cedida).
Membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Daviña Rei colocaron unha coroa conmemorativa do aniversario de Lois Pereiro na súa sepultura do cemiterio de O Incio. (Foto cedida).

O pasado 16 de febreiro tiña lugar no cemiterio parroquial de Santa Cristiña de Viso, no municipio de O Incio, un acto conmemorativo do aniversario de Lois Pereiro. O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Daviña Rei organizou esta cerimonia de lembranza ó poeta monfortino recoñecido no Día das Letras Galegas 2011 e falecido en 1996. Membros deste equipo docente do centro monfortino achegáronse ó cemiterio que acolle a sepultura de Pereiro, para depositar unha coroa de hedra e loureiro, e realizar unha lectura dos seus poemas. A continuación, o grupo dirixiuse á Praza do Concello de O Incio para completar esta homenaxe, depositando unha fror na placa que alí recorda a este renovador da poesía galega contemporánea.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A UAD de Monforte organiza unha actividade para nais e pais

Seguinte Nova

A Xunta investirá máis de 110.000 euros no cambio da cuberta do colexio de O Saviñao

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: