O comercio de Sarria entregou os premios da Campaña de San Valentín 2014

Dentro do calendario de actividades de dinamización do comercio local que está a desenvolver ó longo do ano a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria ACES-CCU, a data de San Valentín é un dos fitos máis destacados. Este ano, os comerciantes sarriáns premiaron a fidelidade dos seus clientes sorteando entre os consumidores dos establecementos asociados tres ceas románticas para dúas personas nos restaurantes CH Alfonso IX, Restaurante Roma e Restaurante O Descanso. Nesta ocasión, os afortunados gañadores do sorteo celebrado o día 19 foron José Antonio Pérez Pérez, Román Díaz de Freijo, e Sandra Fernández Grandas, que recibiron os seus premios nun acto celebrado o 20 de febreiro no local de ACES-CCU de Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os alcaldes protestarán pola suba da taxa de Sogama con peches e concentracións en Compostela

Seguinte Nova

O IES Lama das Quendas reflexionou sobre a riqueza forestal coa exposición “Non queimes o futuro”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: