O Día da Muller Traballadora e o reinicio do programa de Ocio Saudable centrarán a actividade en Quiroga

A área de Cultura do Concello de Quiroga está a retomar o programa de Ocio Saudable, que dende o 25 de febreiro recupera as visitas semanais ó Balneario de Augas Santas, en Pantón. Este ano, o programa de Ocio Saudable poderá disfrutarse durante o mes de marzo. A saída cara ó Balneario será ás 16,30 horas, para regresar ás 20 horas.

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Por outra banda, o Centro de Información á Muller (CIM) de Quiroga está a ultimar diversas actividades para celebrar o Día da Muller Traballadora, o sábado 8 de marzo. A primeira das actividades será ás 12 horas do sábado, na Casa do Concello, onde se procederá á entrega de diplomas ós participantes na obra de teatro “Avós, nunca é tarde”, e terá lugar a presentación do III Plan de Igualdade entre homes e mulleres. A segunda das actividades será unha cea, na que poden participar todas as mulleres da comarca de Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

30 Pemes e autónomos do sur de Lugo gañan en competitividade a través das novas tecnoloxías

Seguinte Nova

Fomento aproba o estudo informativo do tramo da A-76 entre Ponferrada e Ourense

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: