
O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia (Eduemprende) organizou en Monforte unha charla dirixida ó alumnado do IES Daviña Rei. A charla estivo a cargo do empresario Iván Prado, antigo alumno do centro, e premio Xove Empresario de Lugo, quen achegou a realidade emprendedora ós rapaces e rapazas, respostou as súas dúbidas e transmitiulles a súa experiencia como emprendedor de recoñecida traxectoria.•