Do 10 ó 25 de febreiro, o IES Lama das Quendas de Chantada acolleu a exposición itinerante “Non queimes o futuro”, proxecto didáctico producido pola Consellería de Medio Rural e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, dentro das actividades organizadas polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do centro de ensino chantadino. Con esta mostra, preténdese sensibilizar ó alumnado do primeiro ciclo de ESO sobre a catástrofe que supón o lume forestal para crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural. A exposición está composta por vinte paneis de 100 por 75 cm e nela recóllense as ideas preventivas e as consecuencias negativas da queima do monte. Como complemento a esta exposición, o proxecto “Non queimes o futuro” inclúe unha Unidade Didáctica para Primaria e outra para Secundaria, ademais dun vídeo explicativo.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre