O Rexistro de Demandantes ReDe atendeu un total de 819 solicitudes de cobertura de Internet do Plan de Banda Larga da Xunta. Esta aplicación informática foi posta en marcha en xaneiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para que os cidadáns puideran consultar a situación do Plan de Banda Larga no seu núcleo de poboación e rexistrar a súa demanda de servizo en caso de carecer de cobertura. Máis da metade das consultas foron realizadas por habitantes de núcleos xa cubertos polo Plan, e arredor do 30% foron demandas de servizo en núcleos cubertos nos que os demandantes carecían de cobertura.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro