Os alcaldes protestarán pola suba da taxa de Sogama con peches e concentracións en Compostela

Os concellos contrarios á suba do canon acordaron medidas conxuntas de protesta

O movemento municipalista pide abrir vías de diálogo coa Xunta sobre o "desmesurado" incremento da taxa que os concellos deben pagar a Sogama, e critican que se teña aprobado de xeito unilateral. EC
O movemento municipalista pide abrir vías de diálogo coa Xunta sobre o «desmesurado» incremento da taxa que os concellos deben pagar a Sogama, e critican que se teña aprobado de xeito unilateral. EC

O 18 de febreiro celebrouse en Chantada unha xuntanza de alcaldes e representantes municipais contrarios á suba do canon de Sogama, que a Xunta vén de aprobar de xeito «unilateral», e que obriga ós municipios a asumir para este ano un incremento «desmesurado» da taxa polo tratamento dos residuos sólidos urbanos. A reunión contou coa presencia dos alcaldes de Ribadavia, O Barco de Valdeorras, Pedrafita do Cebreiro, Chantada e Monforte, e a do voceiro de Anova no concello de Chantada. Este movemento municipalista vén solicitando á Xunta de Galicia abrir vías de diálogo para resolver a cuestión da taxa a Sogama, e con este fin representantes deste movemento, que agrupa a preto dun centenar de concellos galegos, mantiveron o día 11 deste mes unha reunión cos dirixentes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na reunión, os alcaldes lembraron que xa propuxeran un reparto do incremento do 33,5% entre a Xunta e os concellos, e que non estaban dispostos a asumir imposicións sobre a suba do canon, planteando como resolución deste conflicto a negociación sobre o reparto desta nova carga impositiva.

PROTESTAS ADMINISTRATIVAS E TAMÉN NA RÚA

Diante da negativa da Xunta a manter calquer tipo de diálogo, a reunión do día 18 en Chantada rematou cun acordo para solicitar á Fegamp que presente un recurso contencioso-administrativo contra a suba do canon. Ademais, os concellos contrarios á nova taxa van presentar un recurso contencioso administrativo e, mentres este non se resolva, acordaron pagar o prezo actual do canon e depositar no xulgado o diñeiro correspondente á diferenza entre a taxa actual e o novo canon de Sogama. Por outra banda, no encontro de Chantada, os concellos lucenses contrarios á suba de Sogama acordaron mobilizarse para manifestar o seu rexeitamento. Alcaldes e cargos electos concentraranse o vindeiro 11 de marzo diante do Parlamento de Galicia, e solicitarán ós deputados que se unan á súa reivindicación. Posteriormente, acordarán unha data para concentrarse diante da sede da Xunta de Galicia, onde ademais realizarán peches rotatorios. Asimesmo, estes rexedores lucenses acordaron comezar a traballar conxuntamente na procura de alternativas a Sogama para a xestión do lixo dos concellos galegos.

A DEPUTACIÓN ESIXE A RETIRADA DESTA SUBA

Esta semana, o Pleno da Deputación de Lugo aprobou, co voto en contra do Grupo Popular, unha moción na que se esixe a retirada da suba do canon de Sogama «por ter carácter recadatorio e por ser unha imposición unilateral que atenta contra a autonomía local”. Na moción esixen ó presidente da Xunta “que inicie un diálogo cos Concellos galegos que permita obter unha solución consensuada sobre o prezo do tratamento de residuos».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Fomento aproba o estudo informativo do tramo da A-76 entre Ponferrada e Ourense

Seguinte Nova

O comercio de Sarria entregou os premios da Campaña de San Valentín 2014

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss