Solicitan a replantación “metódica” de árbores na Devesa de Escairón

Dende a Asociación Veciñal de O Saviñao

Ademais, piden á Deputación provincial o arranxo da estrada Escairón-Currelos

A Asociación Veciñal de O Saviñao vén de cursar ó Concello unha solicitude para unha nova intervención na Devesa de Escairón, consistente na reposición “metódica e permanente” da masa arbórea desta arboreda que consideran “significativa e representativa para todos os veciños do municipio”. A idea é ir substituíndo pouco a pouco as pezas que van desaparecendo cos anos, xa que este procedemento ten demostrada a súa eficacia no feito de que, según precisan dende o colectivo veciñal, a Devesa conta hoxe en día cun volume arbóreo “maior do que foi hai vinte anos”.

REPLANTACIÓN DE OITO ÁRBORES PARA REPOÑER A MASA ARBÓREA

No seu escrito ó Concello, a Asociación Veciñal de O Saviñao solicita a replantación de catro carballos que se plantaron o ano pasado e non prenderon. Ademais, piden que se plante un carballo na zona traseira do Xulgado de Paz, para que sirva de sustituto dun carballo situado nese punto e que está a piques de secar. Asimesmo, solicitan que se planten tres castiñeiros de indias para manter a liña destes exemplares arbóreos na beirarrúa da zona baixa da Devesa.

ACTUACIÓNS ESPECIALIZADAS PARA CONSERVAR OS EXEMPLARES CENTENARIOS

Xunto con estas peticións concretas, dende a Asociación Veciñal de O Saviñao solicitan que se estableza unha atención específica ós exemplares centenarios deste espazo singular. O colectivo veciñal propón que, cada dez anos, un equipo de técnicos especializados proceda a unha poda e cerna de todas as partes secas para evitar a extensión da corrosión, así como o correcto selado dos cortes e feridas , e o remodelado e poda dalgunhas pezas que teñen perigo de fractura. Dende o colectivo veciñal defenden que se destine “unha pequena parte do presuposto municipal para tratar de conservar e facer perdurar este patrimonio natural, que é o mellor legado que podemos deixar ás xeracións futuras”.

SOLICITUDE DE REBACHEO E REPOSICIÓN DA CAPA DE RODADURA NA LU-P4102 ENTRE ESCAIRÓN E CURRELOS

Por outra banda, a Asociación Veciñal de O Saviñao presentou este mes un escrito diante da Xestión Territorial da Deputación de Lugo solicitando arranxos na estrada provincial LU-P4102, que comunica Escairón e Currelos, “un dos principais eixos de comunicación viaria do municipio de O Saviñao”. O colectivo veciñal alerta da “perda total” da capa de rodadura e a apertura de focharcas, “co conseguinte risco de sinistros”, polo que solicitan o rebacheo puntual da estrada ó seu paso por Gorgozo, no punto de intersección e desvío a Vilaesteva e Corneas, e o arranxo das focharcas no lugar de Xuvencos. Ademais, piden a reposición íntegra e arranxo estructural da capa de rodadura no traxecto de tres quilómetros entre Escairón e Vilarreme, así como quilómetro que vai dende a entrada á Portela ata Vilachá. Reclaman tamén repoñer a capa superficial de rodadura no quilómetro 19 desta estrada, entre a saída de Xuvencos e o paso da estrada pola ponte do río Sardiñeira. Dende a Asociación solicitan que a totalidade destes arranxos estea completada antes do verán.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Daviña Rei participa no programa Eduemprende, para o fomento da cultura emprendedora

Seguinte Nova

Mobilizacións en Sarria contra o encauzamento do tramo urbano do río

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss