A Coral Renfe actuou en Escairón

Representando a La Fraternal no XV Circuítos Culturais da Federación Galega de Círculos e Casinos

Un momento da actuación da Coral Renfe na igrexa parroquial de Escairón. (Foto cedida).
Un momento da actuación da Coral Renfe na igrexa parroquial de Escairón. (Foto cedida).

O pasado 2 de marzo, a Coral Renfe ofreceu un concerto na igrexa parroquial de Escairón, dentro do programa de actos dos XV Circuítos Culturais da Federación Galega de Círculos e Casinos. A Coral Renfe representou á sociedade monfortina La Fraternal, cun concerto integrado por quince pezas de diferentes estilos, baixo a dirección de Antoaneta Evdosieva Grudeva. Os Circuítos Culturais teñen como obxectivo mobilizar os grupos corais e de danza das sociedades que integran a Federación Galega de Círculos e Casinos, á que pertencen, entre outras, o Círculo Saviñao e La Fraternal de Monforte. Estas actividades están financiadas pola Federación Galega e polas propias sociedades culturais e recreativas participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bota a andar a primeira fase do Porto Seco de Monforte

Seguinte Nova

Retratos da natureza e fotos aéreas de Bóveda tomadas con dron por José Camilo López

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss