A Plataforma Sarriana polo Río denunciou o proxecto de encauzamento ante Cultura e Medio Ambiente

•O colectivo alertou de “infraccións na protección ó Camiño de Santiago”, e “danos irreparables” no medio ambiente •Presentou tamén escritos diante da Consellería de Cultura e da de Medio Ambiente contra o proxecto da Confederación Hidrográfica Miño-Sil

Según a Plataforma, as obras de encauzamento do río Sarria suporían cortar o Camiño de Santiago durante 5 meses, ademais de danos medioambientais “irreparables” pola tala das árbores de ribeira. Arquivo EC
Según a Plataforma, as obras de encauzamento do río Sarria suporían cortar o Camiño de Santiago durante 5 meses, ademais de danos medioambientais “irreparables” pola tala das árbores de ribeira. Arquivo EC

O 5 de marzo, representantes da Plataforma Sarriana polo Río presentaron un escrito dirixido ó Conselleiro de Cultura no que denunciaban “graves infraccións da lexislación vixente en materia de protección do Camiño de Santiago cometidas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil no marco da execución do proxecto de encauzamento do río Sarria”. O colectivo argumenta, entre outras cuestións, que o expediente do proxecto non inclúe o obrigatorio estudo previo específico de afección sobre o territorio histórico do Camiño Francés. Ademais, suliñan que o proxecto contempla a eliminación do bosque de ribeira inmediato ó trazado xacobeo, “situado integramente dentro do ámbito do territorio histórico integrante do Ben de Interés Cultural (BIC)”, así como a destrución do estribo esquerdo da ponte medieval sobre a que discurre o itinerario xacobeo. Según isto, a Plataforma estima que, de seguir adiante, as obras “conlevarían a interrupción absoluta do tránsito polo Camiño de Santiago durante alomenos 5 meses, según o cronograma do plan de obra.”

Por outra banda, a Plataforma presentou cadanseu escrito diante da Consellería de Medio Ambiente e do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente denunciando que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil puxo en marcha as obras de encauzamento sen esperar á resolución do preceptivo informe da Dirección Xeral de Conservación da Naturaleza da Consellería de Medio Rural. Por todo isto, dende a Plataforma Sarriana polo Río consideran “imprescindible” a paralización das obras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Retratos da natureza e fotos aéreas de Bóveda tomadas con dron por José Camilo López

Seguinte Nova

Bóveda acolleu as xornadas de actualización para persoal municipal de Dependencia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss