A VI Carreira Popular de Monforte celebrarase o 30 de marzo

. Na pasada edición participaron 978 corredores das diversas categorías. Arquivo EC.
. Na pasada edición participaron 978 corredores das diversas categorías. Arquivo EC.

Monforte organiza a súa VI Carreira Popular o domingo 30 de marzo, co obxectivo de promover a afección ó atletismo, ademais de lograr a participación do maior número posible de atletas de nivel, e, asimesmo, contribuír á potenciación do deporte de base cunha masiva participación dos colexios nesta actividade.

A proba consta de dúas categorías básicas; por unha banda, a categoría de menores, con saída ás 11,00 horas, e a de adultos, con saída ás 12,00. O circuíto das categorías menores localizarase na zona da Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure.

O trazado da carreira de adultos ronda os 7.000 metros, con 2 voltas a un circuíto que sae da Compañía e continúa por rúa Carude, estrada de Sober ata a Escola Taller, xiro de 180 graos e se volve pola estrada de Sober dirección San Lázaro, Reboredo, Dalmiro de la Válgoma, Rúa Escultor Francisco Moure e novamente liña de saída, así ata completar dúas voltas e rematar na liña de meta ubicada na Praza da Compañía.

As inscricións poderán facerse de xeito presencial (para as dúas categorías) dende o día 17 na Oficina de Deportes; ou a través da páxina web www.championchipnorte.com (só adultos); ou por correo electrónico: lodeco@lodeco.es (só categorías menores). Non se aceptarán inscricións por teléfono ou fax.

A Carreira conta coa colaboración de Gadis e Xoiería Camilo, e o patrocinio da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo e do GDR Ribeira Sacra.•

A Carreira Popular de Monforte inicia o Circuíto Ribeira Sacra, e congrega numeroso público. Arquivo EC.
A Carreira Popular de Monforte inicia o Circuíto Ribeira Sacra, e congrega numeroso público. Arquivo EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Deputación e concellos manteñen o POS sen financiación do Goberno central

Seguinte Nova

Antón Valcarce presentou o seu último libro na Biblioteca de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss