Dentro das actividades organizadas polo clube de lectura Pintor de Castinandi, a Biblioteca Municipal de Sober acolleu o día 5 deste mes a presentación do libro “O que non che contaron de Monforte”, do escritor monfortino Antón Valcarce. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acompañou ó escritor coa lectura do relato “Estraperlo a vapor”, incluído no libro, que abriu o comentario en torno a esta lenda. A presentación literaria tamén fixo un oco á música, coa interpretación por parte de Valcarce dun par de pezas á guitarra. •