Bóveda acolleu as xornadas de actualización para persoal municipal de Dependencia

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañada do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, abriron o coloquio. Arquivo EC.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañada do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, abriron o coloquio. Arquivo EC.

A comezos de marzo, celebráronse en Bóveda unhas xornadas de actualización dirixidas ó persoal dos servizos sociais municipais que traballa no programa de Dependencia en coordinación coa Consellería de Traballo e Benestar. Preto de vinte traballadores sociais e persoal adscrito a este servizo nos concellos das comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos recibiron formación actualizada sobre esta materia impartida por técnicos informáticos e especialistas do Servizo de Dependencia e Autonomía persoal da Delegación Territorial de Lugo.

MELLORA NA XESTIÓN DO SISTEMA INFORMÁTICO DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

O obxectivo destas xornadas foi actualizar os coñecementos dos traballadores sociais sobre a xestión do sistema informático de información da atención á Dependencia, para poder xestionar as asignacións de altas e baixas, a creación da nómina ou a xestión de incidencias, entre outros contidos. A coordinación entre a Consellería de Traballo e Benestar e os Concellos realízase a través dunha aplicación informática, que experimentou importantes melloras en xaneiro de 2012, e que se traduciron en notables avances na calidade do servizo. O programa de asignación de recursos outorga aos servizos sociais municipais autonomía para xestionar as altas e baixas da lista do seu concello, que poden realizar coa máxima axilidade. Ademais, reciben as transferencias económicas da Xunta trimestralmente, mentres que antes eran tramitadas anualmente.

AUMENTO NUN TERCIO NA DOTACIÓN DA XUNTA Á DEPENDENCIA DENDE 2011

As xornadas foron inauguradas pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias. A delegada territorial explicou que a Xunta aumentou en preto dun terzo o seu investimento nas achegas para axuda no fogar nos concellos das comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga dende 2011, ó destinar 1.513.807 euros para este concepto no 2013. Asimesmo, incrementouse nun 24% o número de horas de atención subvencionada no sur de Lugo. A Consellería de Traballo e Benestar adxudica a cada concello un número de horas de atención co seu investimento correspondente, e son os concellos os que distribúen estas horas de atención entre os usuarios según unha lista priorizada por graos de dependencia.

RAQUEL ARIAS: “OS TRABALLADORES SOCIAIS SON O PUNTO DE REFERENCIA”

Na súa intervención durante as xornadas celebradas en Bóveda, Raquel Arias destacou o labor dos traballadores e traballadoras sociais dos concellos, que son “o punto de referencia dos usuarios, os profesionais que reciben e fan seguimento dos casos, e que están sempre en contacto con beneficiarios e facilitan a xestión dos procedementos en todos os ámbitos dos servizos sociais, e moi especialmente no da dependencia”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Plataforma Sarriana polo Río denunciou o proxecto de encauzamento ante Cultura e Medio Ambiente

Seguinte Nova

O 19 DE ABRIL CELEBRARASE A I RUTA MTB FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: