
O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dependente da Deputación de Lugo, leva á Casa da Cultura de Taboada unha exposición sobre artesanía lucense con fondos desta entidade, en resposta á petición formulada pola asociación veciñal taboadense Os de Aiquí. Asimesmo, o CENTRAD vén de organizar en Taboada un obradoiro de iniciación á cesteiría de 20 horas de duración, no que unha ducia de participantes coñeceron as técnicas básicas para a elaboración de cestos tradicionais a partir de materiais como o vimbio e as varas. Este curso foi solicitado pola asociación O Carballo, de Taboada.•