O renovado miradoiro de Santiorxo, en Sober, poderase ver no próximo spot promocional de Turgalicia

Un momento da gravación do spot de Turgalicia no miradoiro de Santiorxo, en Sober. (Foto cedida).
Un momento da gravación do spot de Turgalicia no miradoiro de Santiorxo, en Sober. (Foto cedida).

O día 6, o equipo técnico que está a elaborar o anuncio promocional de Turgalicia achegouse a Sober para traballar na obtención de diversas imaxes do miradoiro de Santiorxo, recentemente renovado. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acompañou ó equipo durante a filmación, e amosou o seu agradecemento a Turismo de Galicia por ter elixido emprazamentos da localidade para incluir na promoción da nosa Comunidade Autónoma.

A RIBEIRA SACRA E SOBER AMOSARANSE NO MUNDO ENTEIRO

Guitián destacou “a importancia de que o municipio vaia formar parte do anuncio e de todo o material promocional que elabore e distribúa Turgalicia”, posto que “será o mellor altofalante de todo o que Sober e a Ribeira Sacra teñen para ensinarlle ao mundo enteiro”. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A celebración do Día da Muller desenvolverase en Monforte durante todo este mes

Seguinte Nova

Bota a andar a primeira fase do Porto Seco de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: