OITO NOVOS ESTABLECEMENTOS LUCENSES COA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

Entre eles, a empresa chantadina Capitol de turismo activo, que vén de incorporarse ó listado de 52 centros lucenses coa certificación de Q de Calidade Turística. Para completar este proceso, os oito establecementos contaron con axudas da Xunta de Galicia a través da liña de subvencións posta en marcha por Turismo de Galicia para a modernización e mellora de instalacións en hoteis, restaurantes, albergues turísticos e empresas de servizos turísticos complementarios. Ademais destes oito establecementos, outros 21 na nosa provincia están a recibir achegas mediante a liña disposta por Turismo de Galicia para a renovación e seguimento da certificación de Q de Calidade Turística. A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, valorou “o esforzo e o compromiso do Executivo galego para a modernización e dinamización do sector turístico de Lugo”, e destacou que estas axudas son “un novo impulso” para o sector da hostalería e restauración da nosa provincia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os alcaldes contrarios á suba do canon de Sogama iniciaron as mobilizacións

Seguinte Nova

Fomento da creatividade no obradoiro de muñecos de trapo no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: