Os alcaldes contrarios á suba do canon de Sogama iniciaron as mobilizacións

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, encabezou a concentración acompañado do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e de varios deputados, como o socialista monfortino Vicente Docasar. (Foto cedida).
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, encabezou a concentración acompañado do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e de varios deputados, como o socialista monfortino Vicente Docasar. (Foto cedida).

O grupo de alcaldes contrarios á suba do canon de Sogama iniciaron o seu calendario de mobilizacións para esixir ó Goberno galego que retroceda na súa decisión de aplicar o incremento, aprobado pola Xunta de xeito unilateral, na tarifa que os municipios deben pagar a Sogama pola recollida dos residuos sólidos urbanos.

GÓMEZ BESTEIRO APOIOU A CONCENTRACIÓN DE SANTIAGO

Na súa reclamación ás portas de O Hórreo, os alcaldes contaron co apoio da Deputación de Lugo na persona do seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro, que estivo presente na concentración, e de varios deputados como os socialistas Vicente Docasar e Juan Carlos González Santín, así como do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, entre outros. Os representantes socialistas decidiron apoiar a concentración convocada polos alcaldes contrarios á suba do canon de Sogama “para pedir ó Goberno galego que deixe de enganar ós cidadáns porque esta suba débese, única e exclusivamente, á decisión do Goberno central de suprimir as primas para a xeración de enerxía renovable e á da Xunta de anular o plan do bipartito”. Critican que este aumento se deba “a unha decisión política”, que “obrigará ós lucenses a pagar un novo imposto de 1,7 millóns de euros ó ano, a maior suba da historia que experimenta a xestión do lixo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Docasar lamentou a negativa da Xunta a abrir unha sección de inglés da Escola de Idiomas en Chantada

Seguinte Nova

OITO NOVOS ESTABLECEMENTOS LUCENSES COA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss