No último Pleno municipal de Monforte, o voceiro do Grupo socialista, José Tomé, presentou unha moción na que reclamaba á Xunta o cumplimento do seu compromiso en relación á construción dunha nova depuradora “para dar resposta ás necesidades da zona urbana e do polígono industrial de O Reboredo”. O voceiro socialista planteaba un axustado programa de actuacións, según o cal a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tería redactado o proxecto construtivo no primeiro semestre deste ano, mentres que a licitación, adxudicación e comezo das obras corresponderían ó segundo semestre de 2014. Tomé esixía que os Orzamentos da Xunta para 2015 incluísen a partida orzamentaria singularizada para a nova depuradora de Monforte, que permitiría completar as obras e poñer en servizo a infraestrutura no 2016. Na sesión plenaria, a voceira do Grupo popular, Julia Rodríguez, negou que existise tal compromiso por parte da Consellería, e que o conselleiro só se comprometera a facer un estudio sobre a situación do saneamento e da depuradora. Rodríguez criticou tamén o calendario proposto por Tomé por ser “moi axustado”. Pola súa banda, o alcalde, Severino Rodríguez, criticou a “falta de lealdade institucional” da voceira popular ó falar publicamente deste estudo, cando o Concello esperou á decisión dos responsables do estudo para dalo a coñecer”. O alcalde lembrou que as prioridades do estudo refírense á rede de saneamento na zona da rúa Juan Montes, e que a Xunta ten disposición a acometelas. O Pleno aprobou a moción socialista, dando por “aproximados” os plazos.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
Algo máis de 120 días despois do inicio das obras, e con máis dun 70% da
O PP advirte que as obras de Adif, en Oural, levan un retraso de tres anos
A pasada semana, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, en compañía da Tenente de Alcalde,
O Concello de Sober acomete obras de mellora nos Campos de fútbol de Centeás e A
Chega o verán, o bo tempo, e moitos veraneantes visítannos nestas datas, así que non hai