Presentado no Círculo Saviñao un estudio sobre os “últimos de Filipinas” galegos

O presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, acompañou ó autor do libro, Juan José Rocha, durante a presentación en Escairón. (Foto cedida).
O presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, acompañou ó autor do libro, Juan José Rocha, durante a presentación en Escairón. (Foto cedida).

O primeiro de marzo tivo lugar no Círculo Saviñao a presentación do libro ““El último de Filipinas de Almeiras (Culleredo- A Coruña) José Martínez Souto. Un héroe en Baler”, do escritor Juan José Rocha Carro. O autor centra a súa atención neste galego, un dos integrantes do escaso grupo de resistentes españois que resistiron durante 337 días o asedio á igrexa do pobo de Baler, onde se fixeran fortes, e que foron coñecidos pola historiografía española como “os últimos de Filipinas”, ou os “heroes de Baler” para os historiadores americanos e o goberno filipino. Ademais do coruñés José Martínez Souto, había outros dous galegos no fortín de resistencia en Baler, un de Carballiño e outro natural de Guitiriz. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposición sobre artesanía lucense na Casa da Cultura de Taboada

Seguinte Nova

Presentados dous traballos sobre o románico en Chantada e a historia da comarca

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss