Quiroga celebrou o Día da Muller cunha cea de confraternidade para as mulleres da comarca

Máis dunha trintena de mulleres da comarca de Quiroga déronse cita o sábado 8 de marzo na cea de confraternidade organizada pola Concellería de Educación, Benestar e Igualdade a través do CIM, e coa colaboración da Asociación de Mulleres San Martiño. (Foto cedida).

O día 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller, que en Quiroga se celebrou con diversos actos ó longo do día. Pola mañá, a Casa Consistorial acolleu a presentación do III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres, a cargo das concelleiras de Educación, Benestar e Igualdade, Ana Núñez García, e de Cultura, Mª Dolores Sánchez Durán.

O día 8 pola mañá, as concelleiras Ana Núñez García e Mª Dolores Sánchez Durán, presentaron na Casa Consistorial o III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres. (Foto cedida).
O día 8 pola mañá, as concelleiras Ana Núñez García e Mª Dolores Sánchez Durán, presentaron na Casa Consistorial o III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres. (Foto cedida).

A continuación, tivo lugar no Concello de Quiroga unha recepción oficial dos participantes no obradoiro de teatro financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, que recibiron un agasallo conmemorativo de mans das responsables municipais de Igualdade e Cultura. O acto rematou coa posta en escea da obra “Avós, nunca é tarde” no Auditorio Municipal de Quiroga, por parte dos asistentes ó obradoiro de teatro.

A continuación, as responsables municipais entregaron un agasallo ós participantes no obradoiro de teatro “Avós, nunca é tarde”. (Foto cedida).
A continuación, as responsables municipais entregaron un agasallo ós participantes no obradoiro de teatro “Avós, nunca é tarde”. (Foto cedida).

A xornada conmemorativa do Día Internacional da Muller rematou coa celebración da 1ª Cea de Confraternidade de Mulleres, co obxectivo de rendir unha homenaxe ás mulleres da comarca de Quiroga. A cea, que contou coa participación de máis dunha trintena de mulleres, foi organizada pola Concellería de Educación, Benestar e Igualdade a través do CIM, e coa colaboración da Asociación de Mulleres San Martiño. As asistentes foron obsequiadas cun agasallo conmemorativo desta celebración.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 19 DE ABRIL CELEBRARASE A I RUTA MTB FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Seguinte Nova

Arrincan as primeiras empresas nacidas co programa Fórmate en Verde

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: