Os seus traballos poden verse no Centro Sociocultural de Bóveda ata o 31 de marzo
Durante todo o mes de marzo pode verse no espazo expositivo do Centro Sociocultural de Bóveda a mostra fotográfica de José Camilo López Pérez. Unha exposición que recolle os retratos da natureza feitos por José Camilo coa lente fotográfica, ademais de diversas tomas aéreas da paisaxe de Bóveda realizadas coa novidosa técnica do dron Hexacopter. Unha sorprendete e única mirada ás parroquias e lugares do municipio bovedense, que pode disfrutarse de luns a venres de 5 a 7 da tarde.•