600.000 euros en axudas da Xunta para a modernización da maquinaria en réxime asociativo das explotacións agrarias de Lugo

O Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo publicou a concesión das axudas para a modernización da maquinaria empregada en réxime asociativo polas explotacións agrarias lucenses, ás que a Xunta de Galicia destinou un total de 589.633,41 euros. Deste xeito, beneficiáronse destas achegas 11 sociedades na nosa provincia, cun importe medio por explotación superior aos 53.500 euros de subvención.

APOSTA DA XUNTA POR UN SECTOR PRIMARIO “MODERNO, FORTE E COMPETITIVO”

A provincia de Lugo é a receptora dun terzo destas axudas da Consellería de Medio Rural e do Mar, según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que puntualizou que se trata “dunha achega importante, atendendo ao elevado investimento que require a modernización das explotacións agrarias e aos beneficios que reporta a Galicia ter un sector primario moderno, forte e competitivo”.

NOVAS TECNOLOXÍAS PARA ACADAR MÁIS SEGURIDADE LABORAL, MENOS CUSTES E MÁIS EFICIENCIA MEDIOAMBIENTAL

Ademais, Raquel Arias suliñou que esta axudas inciden especialmente na introdución de novas tecnoloxías e na ampliación das unidades de explotación no medio rural, ben reorganizando a propiedade ou ben a través da unión dos titulares en sociedades comúns. Arias destacou que as características deste programa de axudas cumple varios obxectivos, “xa que introduce maquinaria moderna, minimiza os custos das explotacións, mellora as condicións de traballo, incrementa a seguridade laboral e reduce as emisións contaminantes”. Deste xeito, contribúese “a fixar poboación no rural, facilitando ferramentas de traballo e métodos de organización que fagan máis atractiva a actividade agraria para a mocidade”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rock in Globo traerá a Chantada o mellor do rock local o 19 de abril

Seguinte Nova

A Federación Rural Galega-FRUGA denuncia a situación de “indefensión” dos produtores de vacún de carne

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: