A Feira do Viño de Quiroga contará este ano cunha pregoeira de excepción. A actriz vilalbesa Cristina Castaño lerá o pregón da XXXII edición desta cita enolóxica, que se celebrará os días 19 e 20 de abril. Cristina Castaño, á que podemos ver como Judith Becker na serie “La que se avecina”, comezou a súa carreira na famosa serie da TVG “Platos combinados”, para saltar á escena nacional en “Al salir de clase”. Presente en recoñecidas producións de televisión como “El comisario”, “7 vidas” ou “Hospital Central”, Cristina Castaño conta tamén con traxectoria no teatro e no cinema. •
Últimas noticias sobre CULTURA
O pasado mércores 13 de marzo, ás 20:15 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na
Mar LÓPEZ SOTELO Directora da Área de Historia e AntropoloxíaInstituto Europeo Campus Stellae
A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o próximo 28 de febreiro, unha exposición da
O Concello de Chantada está a dar pasos firmes para enriquecer a oferta cultural do municipio
A Concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o Concelleiro de Acción Cultural, César No, acolleron con