A Deputación de Lugo estará presente na Comisión de Seguridade Vial do Parlamento “para traballar en beneficio dos cidadáns”

O voceiro provincial socialista Manuel Martínez anunciou este mes que a Deputación de Lugo estará presente na Comisión de Seguridade Vial do Parlamento “para traballar en beneficio dos cidadáns” e estudar medidas encamiñadas ás redución da siniestralidade vial. Asimesmo, Martínez lamentou a “incomprensible negativa” de cargos do Goberno central con competencias en tráfico a tomar parte na mesma.

MARTÍNEZ: “JUÁREZ AMOSA FALLA DE MIRAS E CATEGORÍA POLÍTICA Ó IMPEDIR A PRESENCIA NA COMISIÓN DOS RESPONSABLE DE TRÁFICO EN GALICIA”

Según explicou o voceiro provincial, esta negativa foi comunicada ó Parlamento galego polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, impedindo así a presenza en dita Comisión da Coordinadora da Dirección General de Tráfico en Galicia; do Tenente Coronel de Tráfico da Garda Civil e do Xefe de Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia. Manuel Martínez destacou que “esta Comisión persegue un ben común, que é a redución dos sinistros nas estradas da Comunidade, e o feito de que o señor Juárez non sexa capaz de entendelo así, amosa falla de miras e de categoría política”.

“DENDE HAI SEIS ANOS, A DEPUTACIÓN DE LUGO RECUPEROU A NORMALIDADE DEMOCRÁTICA COLABORANDO CO PARLAMENTO COMO TODAS AS DEMAIS”

Martínez destacou a importancia de que as diferentes administracións tomen parte nestas Comisións para “intercambiar experiencias na xestión de estradas, non só co fin de mellorar a seguridade dos usuarios, senón para abordar outros asuntos de interese como a coordinación de actuacións ante emerxencias ou a axilización das tranferencias”. Martínez precisou que “esta actitude é a que mantemos sempre dende o Goberno provincial”, e lembrou que “a Deputación de Lugo, co anterior goberno, negábase a presentar os seus orzamentos no Parlamento galego para facilitar a coordinación interadministrativa, mentres que dende hai seis anos, a Deputación recuperou a normalidade democrática e colabora co Parlamento como todas as institucións provinciais”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS MÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS PARA POTENCIAR AS PRAZAS DE ABASTOS E O COMERCIO DE PROXIMIDADE

Seguinte Nova

Socialistas de Chantada e da Ulloa pedirán a implicación dos alcaldes do PP para que a Xunta implante esta sección da Escola de Idiomas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss