A Federación Rural Galega-FRUGA denuncia a situación de “indefensión” dos produtores de vacún de carne

Cunha concentración en Lugo

A concentración convocada por FRUGA tivo lugar diante da Delegación da Xunta en Lugo, e contou coa presencia de Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA; Elías Somoza, responsable de sectores gandeiros de FRUGA; e do delegado da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo, Mario Outeiro. (Foto cedida).
A concentración convocada por FRUGA tivo lugar diante da Delegación da Xunta en Lugo, e contou coa presencia de Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA; Elías Somoza, responsable de sectores gandeiros de FRUGA; e do delegado da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo, Mario Outeiro. (Foto cedida).

O sector de vacún de carne está a levar a cabo unha campaña informativa sobre a situación que atravesan os produtores de razas autóctonas en réxime extensivo, logo de que a Xunta de Galicia aplicara sucesivos recortes nas axudas iniciadas polo Goberno bipartito en concordancia coas políticas da Unión Europea de apostar pola produción de alimentos sans e de calidade. Según denuncian dende a Federación Rural Galega-FRUGA, estes recortes comezaron ó chegar o Partido Popular ó Goberno da Xunta, cunha diminución en 2011 dun 45% respecto da cantidade inicial do 2008, e continuaron en 2012, cando preto do 75% das solicitudes de renovación quedaron fóra das axudas, aínda que os produtores estaban a cumprir as condicións do compromiso para a concesión destas subvencións. Estas achegas supoñían o pago, por parte da Consellería de Medio Rural, de ata 156 euros anuais por animal reprodutor, e a cambio, os gandeiros comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie.

ALERTAN CONTRA A REFORMA DA PAC

Para protestar por esta situación, a Federación Rural Galega-FRUGA iniciou unha campaña informativa para instar a todos os afectados a recurrir esta resolución do Goberno galego, e a sumarse á concentración que tivo lugar o 18 de marzo diante da Delegación da Xunta en Lugo, por ser esta a provincia máis afectada. Durante a mobilización, o presidente de FRUGA, Xurxo Álvarez, e o responsable de sectores gandeiros deste colectivo, Elías Somoza, denunciaron os retrasos na resolución destas axudas, e o feito de que a súa resolución só se comunicara a través do Diario Oficial de Galicia, así como a existencia de erros en moitas das aprobacións, o que amosa “a situación de indefensión na que se atopan os afectados”. Dende FRUGA criticaron a “agresividade da Xunta contra o vacún de carne”, manifestada nos “continuos recortes e posterior non renovación do Contrato de Explotación Sustentable (CES), a paralización do Banco de Terras, e a falta de defensa dos intereses das granxas galegas na próxima reforma da Política Agraria Común (PAC). Denuncian que a nova PAC vai supoñer “menos ingresos”, sumada á “constante suba dos custes de produción e ó conxelamento dos prezos que reciben os labregos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

600.000 euros en axudas da Xunta para a modernización da maquinaria en réxime asociativo das explotacións agrarias de Lugo

Seguinte Nova

Sarria acollerá a III Feira de Antigüidades da Eurorrexión-XIX Feira de San Lázaro a primeira fin de semana de abril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss