A Consellería de Traballo e Benestar convocou as probas de avaliación en competencias clave para poder acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade. Estiman que preto de 3.000 galegos participarán nos exames deste ano. As probas van dirixidas a aquelas persoas que non posúan os requisitos académicos requiridos para o acceso aos cursos dos módulos vinculados ós certificados de profesionalidade. O prazo para inscribirse rematará o día 10 de abril. Os interesados deberán remitir a súa solicitude ao Instituto Galego das Cualificacións, e o modelo está dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, e na web http://traballoebenestar.xunta.es/. As probas serán o 24 de maio para o nivel 2 (quenda mañá) e nivel 3 (quenda de tarde), en catro materias: lingua galega, inglés, matemáticas e lingua castelá.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• O acordo inclúe tamén pedir á Xunta que poña en funcionamento un Observatorio de Prezos
• A campaña, que difundirá o valor da toponimia galega, inciase en Pantón o 17 de
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou os decretos da Consellería do Medio Rural polos que
• O Concello procedeu a executar os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante