O 19 de marzo quedou constituída no Concello de Monforte a Comisión de Igualdade do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres 2013-2016. As funcións desta Comisión serán dar impulso, planificar e implementar as accións a levar a cabo, e facer o seguimento e avaliación deste II Plan de Igualdade, aprobado por unanimidade do Pleno do Concello de Monforte na sesión extraordinaria celebrada o 28 de novembro de 2013. Según os responsables municipais, este II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres continúa as políticas que nesta materia se estaban a desenvolver no Concello de Monforte, coa novidade de que afonda na implicación municipal no avance da igualdade a través da explicitación do compromiso e a creación de estruturas de asesoramento e apoio para implantar a transversalidade do principio de igualdade nas políticas públicas.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
• O Casino Ateneo de Monforte acolleu o acto, dirixido ao sector empresarial, no que o
Ante as queixas continuadas plantexadas por algúns veciños, contra persoas que depositan o lixo en horarios
O Concello de Bóveda vén de poñer en marcha o Programa de Envellecemento Activo para o