A proba do 15 de marzo reuniu na cidade do Cabe a 120 deportistas de toda a provincia
•O club Neka organizou esta proba, clasificatoria para os Campionatos galego e nacional •Os monfortinos lograron once medallas, o que garantiza a súa presencia na competición rexional que se celebrará a finais deste mes

O pasado 15 de marzo, Monforte convertiuse na capital do taekwondo lucense coa celebración, no pavillón de A Pinguela, do Campionato provincial de Taekwondo. A organización deste importante evento deportivo, no que participaron 120 rapaces e rapazas, estivo a cargo do club Neka, que competiu cun plantel de 25 deportistas.

DOUS CAMPIÓNS DE ESPAÑA PARTICIPARON NA PROBA DE MONFORTE
Ao longo dunha xornada matinal onde o pavillón monfortino ofreceu un bo ambiente na grada e unha auténtica festa deportiva nos tapices, os asistentes puideron disfrutar coa calidade de taekwondistas como o local Alejandro Fernández Franjo, campión de España con tan só sete anos, e o vilalbés Gabriel Tembras, campión de España en categoría infantil. Logo da competición na modalidade de técnica, tivo lugar a proba de freestyle, unha novidade deste ano que sorprendeu favorablemente polo bo facer dos participantes.

O CLUB NEKA ACADOU 10 MEDALLAS E ONCE CLASIFICACIÓNS
Os deportistas que acadaron medalla na proba de Monforte quedaron clasificados para o Campionato galego, que se vai celebrar o día 29 de marzo. Asimesmo, tamén poderán competir no autonómico aqueles clasificados dentro dos dez primeiros postos de cada categoría.

6 PODIOS NA CATEGORÍA MASCULINA PARA OS DE NEKA
O Campionato provincial fixo medrar o excelente palmarés dos deportistas do club Neka. Os de Monforte lograron dez medallas e once clasificacións, unha estadística de éxitos que ven a sumarse á súa traxectoria ascendente dos últimos anos. Así, na categoría prebenxamín masculina, Marco García Martínez acadou o terceiro posto, e en benxamín Alejandro Fernández Franjo alzouse co primeiro posto. Carlos Fernández González foi terceiro na categoría alevín, e en infantil Carlos Rey Cuadrado acadou o segundo posto. Xa en cadete, Samuel López Timiraos conseguiu o primeiro posto, e o terceiro tamén quedou na casa, ó subir ó podio Alejandro Losada Rodríguez.

CINCO DESTACADAS POSICIÓNS PARA AS TAEKWONDISTAS DO NEKA
As deportistas do club Neka fixeron un excelente traballo ó acadar cinco distincións. Na categoría prebenxamín, Laura Álvarez Suárez logrou o terceiro posto, e o cuarto foi para Eva López Aira. En benxamín, Nerea Fernández Abad tivo o cuarto posto, e Sydney Rodríguez Lagoa o sétimo. En alevín, Ana López Vázquez subiu ó podio no terceiro posto.•


