Monforte, capital do taekwondo lucense

A proba do 15 de marzo reuniu na cidade do Cabe a 120 deportistas de toda a provincia

•O club Neka organizou esta proba, clasificatoria para os Campionatos galego e nacional •Os monfortinos lograron once medallas, o que garantiza a súa presencia na competición rexional que se celebrará a finais deste mes

Alejandro Fernández, do club Neka, durante a súa actuación no Campionato provincial de Taekwondo celebrado o día 15 en Monforte. Esta proba foi organizada polo club Neka, e contou coa participación de 120 deportistas de toda a provincia, que mediron as súas forzas para clasificarse cara o Campionato galego e nacional de finais deste mes. EC

O pasado 15 de marzo, Monforte convertiuse na capital do taekwondo lucense coa celebración, no pavillón de A Pinguela, do Campionato provincial de Taekwondo. A organización deste importante evento deportivo, no que participaron 120 rapaces e rapazas, estivo a cargo do club Neka, que competiu cun plantel de 25 deportistas.

No Campionato provincial de Taekwondo celebrado o día 15 en Monforte puido verse o bo traballo de recoñecidos deportistas, como o vilalbés Gabriel Tembras, campión de España (na foto), e o monfortino Alejandro Fernández, campión de España o pasado ano en categoría benxamín. (Foto cedida).

DOUS CAMPIÓNS DE ESPAÑA PARTICIPARON NA PROBA DE MONFORTE

Ao longo dunha xornada matinal onde o pavillón monfortino ofreceu un bo ambiente na grada e unha auténtica festa deportiva nos tapices, os asistentes puideron disfrutar coa calidade de taekwondistas como o local Alejandro Fernández Franjo, campión de España con tan só sete anos, e o vilalbés Gabriel Tembras, campión de España en categoría infantil. Logo da competición na modalidade de técnica, tivo lugar a proba de freestyle, unha novidade deste ano que sorprendeu favorablemente polo bo facer dos participantes.

Os resultados que están a acadar nas respectivas categorías son unha mostra da boa saúde do taekwondo lucense. EC
Os resultados que están a acadar nas respectivas categorías son unha mostra da boa saúde do taekwondo lucense. EC

O CLUB NEKA ACADOU 10 MEDALLAS E ONCE CLASIFICACIÓNS

Os deportistas que acadaron medalla na proba de Monforte quedaron clasificados para o Campionato galego, que se vai celebrar o día 29 de marzo. Asimesmo, tamén poderán competir no autonómico aqueles clasificados dentro dos dez primeiros postos de cada categoría.

Alejandro Fernández Franjo, do club Neka, primeiro posto no podio da categoría benxamín. (Foto cedida).
Alejandro Fernández Franjo, do club Neka, primeiro posto no podio da categoría benxamín. (Foto cedida).

6 PODIOS NA CATEGORÍA MASCULINA PARA OS DE NEKA

O Campionato provincial fixo medrar o excelente palmarés dos deportistas do club Neka. Os de Monforte lograron dez medallas e once clasificacións, unha estadística de éxitos que ven a sumarse á súa traxectoria ascendente dos últimos anos. Así, na categoría prebenxamín masculina, Marco García Martínez acadou o terceiro posto, e en benxamín Alejandro Fernández Franjo alzouse co primeiro posto. Carlos Fernández González foi terceiro na categoría alevín, e en infantil Carlos Rey Cuadrado acadou o segundo posto. Xa en cadete, Samuel López Timiraos conseguiu o primeiro posto, e o terceiro tamén quedou na casa, ó subir ó podio Alejandro Losada Rodríguez.

Samuel López Timiraos, do club Neka, foi primeiro no podio da categoría cadete. (Foto cedida).
Samuel López Timiraos, do club Neka, foi primeiro no podio da categoría cadete. (Foto cedida).

CINCO DESTACADAS POSICIÓNS PARA AS TAEKWONDISTAS DO NEKA

As deportistas do club Neka fixeron un excelente traballo ó acadar cinco distincións. Na categoría prebenxamín, Laura Álvarez Suárez logrou o terceiro posto, e o cuarto foi para Eva López Aira. En benxamín, Nerea Fernández Abad tivo o cuarto posto, e Sydney Rodríguez Lagoa o sétimo. En alevín, Ana López Vázquez subiu ó podio no terceiro posto.•

A grada do pavillón A Pinguela encheuse durante a celebración do Campionato Provincial de Taekwondo. EC.
A grada do pavillón A Pinguela encheuse durante a celebración do Campionato Provincial de Taekwondo. EC.

Público e participantes chegados de toda a provincia disfrutaron con esta auténtica festa do deporte, na cita do Campionato provincial de Taekwondo de Monforte.  EC.
Público e participantes chegados de toda a provincia disfrutaron con esta auténtica festa do deporte, na cita do Campionato provincial de Taekwondo de Monforte. EC.

Foto de familia do club Neka, logo da súa exitosa actuación no Campionato Provincial de Taekwondo celebrado en Monforte o día 15. (Foto cedida).
Foto de familia do club Neka, logo da súa exitosa actuación no Campionato Provincial de Taekwondo celebrado en Monforte o día 15. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo, a primeira en España en implantar cláusulas sociais nos contratos

Seguinte Nova

Os alcaldes de Lugo e Monforte suman forzas en defensa do AVE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: