O Círculo Saviñao, foro de debate sobre as propostas políticas para saír da crise coa vista posta en Europa

O ciclo «Galicia en Europa, propostas para saír da crise» contou coa intervención de Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida, e Xavier Vence, portavoz nacional do BNG

Numeroso público seguiu no Círculo Saviñao a charla de Xavier Vence, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, o 15 de marzo.( Foto: Chema).
Numeroso público seguiu no Círculo Saviñao a charla de Xavier Vence, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, o 15 de marzo.( Foto: Chema).

 

A coordinadora de Esquerda Unida Yolanda Díaz falou sobre Galicia en Europa no salón de actos da sociedade recreativa o día 21. (Foto: Chema).
A coordinadora de Esquerda Unida Yolanda Díaz falou sobre Galicia en Europa no salón de actos da sociedade recreativa o día 21. (Foto: Chema).

 

Durante este mes e ata comezos de abril, o Círculo Saviñao está a organizar un ciclo de conferencias que, baixo o título «Galicia en Europa. Propostas para saír da crise», ofrece a visión sobre este tema dos representantes das catros formacións políticas galegas con representación parlamentaria. Os poñentes incidirán na situación económica da nosa Comunidade Autónoma e a importancia da relación de Galicia con Europa para o seu desenvolvemento presente e futuro. O ciclo contou coa presencia de Xavier Vence, do BNG, e de Yolanda Díaz, de Esquerda Unida.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O conselleiro de Cultura presentou a reedición do libro «Simboloxía do románico de Pantón», do chantadino Xosé Lois García

Seguinte Nova

O PP VALORA O «TRABALLO CONTINUO» DE CÁRITAS EN MONFORTE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: