O conselleiro de Cultura presentou a reedición do libro «Simboloxía do románico de Pantón», do chantadino Xosé Lois García

O salón de Plenos do Concello de Pantón acolleu a presentación do libro de Xosé Lois García. O acto contou coa presencia do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; a profesora e investigadora Flora Enríquez; e o autor. EC

O 21 de marzo, o chantadino Xosé Lois García presentou a reedición da súa obra «Simboloxía do románico de Pantón», un dos seus traballos máis profundos sobre a riqueza patrimonial da Ribeira Sacra. O acto celebrouse no Salón de Actos do Concello de Pantón coa presencia do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, quen destacou a calidade e o valor deste estudo, “xa que a salvagarda do patrimonio cultural dun país, a súa supervivencia material e significativa e a súa transmisión ás xeracións futuras, comeza pola educación e a concienciación no presente”. O conselleiro suliñou que este obra mostra as igrexas e mosteiros da zona como “o reflexo feito pedra do espírito e a moral do tempo no que foron construídas, ó entrelazar diferentes símbolos que transmiten unha riquísima e heteroxénea narración do que era a vida no Medievo”. Vázquez Abad agradeceu “o especial agarimo e compromiso que demostrou Xosé Lois co patrimonio cultural de Galicia é, dun xeito especial, co noso legado románico”.•

Numeroso público asistiu á presentación do libro de Xosé Lois García no Salón de Plenos do Concello de Pantón. EC
Numeroso público asistiu á presentación do libro de Xosé Lois García no Salón de Plenos do Concello de Pantón. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Profesores do Campus de Lugo solicitan que se “reconsidere e reoriente” o proxecto de encauzamento do río Sarria

Seguinte Nova

O Círculo Saviñao, foro de debate sobre as propostas políticas para saír da crise coa vista posta en Europa

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: